Carta ás institucións

As profesionais da xestión cultural reclaman unha defensa firme da cultura

Solicitan "ás persoas responsábeis da actividade cultural nos máis de 300 concellos da nosa terra, así como deputacións, fundacións e outros organismos representativos (universidades, empresas...) que realicen un esforzo por incentivar as políticas culturais e manter os compromisos".
sarabela
photo_camera sarabela

A Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, nunha carta remitida a institucións e empresas, solicitan "ás persoas responsábeis da actividade cultural nos máis de 300 concellos da nosa terra, así como deputacións, fundacións e outros organismos representativos (universidades, empresas...) que realicen un esforzo por incentivar as políticas culturais e manter os compromisos".

Igualmente, fan fincapé no fundamental de que se extreme a calidade dos equipos que traballen nas áreas de cultura "contratando a persoas con capacidade, experiencia e coñecementos contrastados".

A respecto disto, sinalan como relevante que hai só uns días, o Concello da Coruña -no que vive 10% da poboación galega- anunciaba unha importante reestruturación da área de Cultura, que pasa a depender directamente da alcaldía.

Consideran unha "excelente oportunidade para aproveitar" para atender a recomendación á hora de dotarse de novo persoal que deberá xestionar a cultura da cidade, que conta cuns equipamentos públicos e privados con alta capacidade de programación, como mínimo durante tres anos", declaran.

Comentarios