Profesionais da danza denuncian “malas prácticas” desde o Centro Coreográfico Galego

Critican, entre outras cuestións, a inactividade do CCG, “sen producións propias nas últimas tempadas”, e a opacidade, falta de publicidade e non rendición de contas na xestión do centro.

centro coreografico

Profesionais da danza e artes do movemento denuncian a “mala xestón” e as “malas prácticas” desde o Centro Coreográfico Galego. Unha denuncia que fan este sábado, 8 de xuño, coincidindo coa estrea no Teatro Colón da Coruña do espectáculo Maestro Rodrigo promovido pola Agadic e a Fundación Victoria e Joaquín Rodrigo. Un espectáculo, afirman, sobre o que piden explicacións.

Afirman nun comunicado que a comunidade profesional trasladou este malestar ao director da Agadic, Jacobo Sutil, “en reiteradas ocasións”. Estes profesionais falan de que hai “inactividade do CCG (sen producións propias nas últimas tempadas) e a inexistencia absoluta dun Plan de actuación para as artes do movemento desde o CCG, que sinale os seus obxectivos, funcións, fundamentos, estratexias, programa de actividades, plan de usos e distribución dos recursos públicos empregados, entre outros”.

Tamén critican a “opacidade, falta de publicidade e non rendición de contas na xestión do centro e na xestión económica do mesmo (150.000 euros anuais)”, para alén de sinalar a “deixación de funcións da directora no exercicio do seu cargo, que se fai evidente perante a inactividade do Centro e a falta de diálogo e de atención cara o sector profesional da danza en Galiza”.

Refírense tamén á “existencia de incompatibilidades, non xustificadas debidamente, entre o cargo da dirección do centro de natureza pública, e o mantemento de actividades de iniciativa privada no mesmo sector de actividade da danza”.

Os e as asinantes deste comunicado, a respecto da produción concreta que se estrea este sabado, piden unha “explicación razonada” de como e baixo que criterios tivo lugar a elección do elenco, así como as condicións laborais e económicas dos bailaríns, coreógrafo (Kenneth Tindall) e demais colaboradores.
 

Tamén piden que se explique os criterios que xustifican a elección de Julia Méndez, filla da actual directora Mercedes Suárez, como bailarina principal, e motivos polos que non existe unha incompatibilidade de intereses.
 
Asinantes:
Alba Fernández (Cía Exire)
Alexis Fernández (La Macana)
Álvaro Reboredo (Compañía IO)
Ana Vallés & Baltasar Patiño (Matarile)
Andrea Quintana
Ánxela Blanco
Asociación AAHPICA
Borja Fernández
Caterina Varela (La Macana)
Cristina Balboa (Funboa Escénica & Proxecto Pank)
Cristina Montero
Colectivo RPM
Diego M. Buceta (Prácido Domingo)
Escena Galega
Estefi Gómez (Cía Exire)
Esther Latorre (Colectivo Glovo)
Félix Fernández 
Festival Corpo(a)terra
Fran Martínez (Prácido Domingo) 
Gena Baamonde
Helen Bertels
Hugo Pereira (Colectivo Glovo)
Isabel Sánchez (Can Cun Quinqué, Festival Herdanza)
Jaime Pablo Díaz (Nova Galega de Danza)
Javier Martín
Juancho Gianzo 
Laura Villanueva Sánchez
Leodán Rodríguez (La Incidente DT)
Manu Lago (Galicia Danza Contemporánea)
María Roja
Marta Alonso Tejada (Traspediante)
Mónica García
Paula Quintas (Traspediante)
Pedro Fresneda (Cía Ensalle)
Raquel Hernández (Teatro Ensalle)
Rut Balbís (Pisando Ovos)
Sabela Mendoza (De corp
os presentes)

Comentarios