A produción industrial da Galiza volve caer e acumula este ano dos peores resultados no Estado

Descendeu en 4,3% en outubro mentres no Estado aumentou en 1,1%.

Traballadores nunha cadea de montaxe. (Arquivo)
photo_camera Traballadores nunha cadea de montaxe. (Arquivo)

A produción industrial da Galiza descendeu en 4,3% en outubro a respecto do mesmo ano anterior, mentres que a media no Estado ascendeu en 1,1%, segundo os dados publicados polo INE.

Así pois, Galiza rexistrou unha baixa na produción industrial en todos os  meses deste ano agás xullo, cando houbo un pequeno reponte de crecemento con 0,2%.

Galiza foi o terceiro territorio do Estado que rexistrou un maior descenso na produción industrial nese mes en outubro, só superada por Asturies e Estremadura.

No que vai de 2019, a produción industrial galega rexistrou un descenso de 5,5%, unha caída só superada pola que tivo Balears, cunha baixa de 6,9%.

Comentarios