Que estuda o seu proxecto?
A nosa procura principal céntrase na especie do eucalipto, un pouco pola abundancia que ten na Galiza. As abellas dedicadas á produción de mel tiran moito ao eucalipto, como mostran os datos que atopamos, nos que se reflicte moito mel monofloral desta árbore. Ante esta situación, queremos saber que propiedades ten este mel e que valores se lle poden atribuír. Non nos centramos tanto na do eucalyptus globulus, da que xa se teñen feito algúns estudos, aínda que non en profundidade, senón que nos enfocamos máis a coñecer o potencial do eucalyptus nitens, unha especie que se planta en zonas de montaña ou de maior altura. Na Galiza atópase sobre todo nas áreas do interior.
A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.