Denuncia a Fruga

As principais industrias lácteas que operan en Galiza gañan 15% máis nun ano

Fruga contrasta este dato co feito de que o que se lle paga aos produtores galegos polo leite continúa a ser dos máis baixos do Estado.

Vacas pacendo

“Os beneficios das 5 principais industrias lácteas que operan en Galiza, durante o ano 2017 aumentaron considerablemente, gañaron 30 millóns de euros, 15% mais que o ano anterior”. A Federación Rural Galega (Fruga) contrapón isto ao feito de que “os prezos que lles pagaron aos produtores de leite galegos seguen a ser  os mais baixos do estado español, e os mais baixos das principais rexións leiteiras da Unión Europea”.

Para organización agraria non se pode entender a primeira parte (aumento dos beneficios) sen a segunda (prezos baixos). “Os cartos que tiñan que ir destinados a conseguir un prezo do leite sostible van parar as arcas das principais industrias leiteiras que operan en Galiza”, critica Fruga.

Lembra esta organización que o acordo de sustentabilidade asinado vai para tres anos e que intentaba evitar os desequilibrios na cadea alimentar non deu so seus froitos. “Os sucesivos gobernos do PP na Xunta remataron coa Mesa do Leite, e con calquera órgano interprofesional capaz de negociar uns prezos xustos”.

“Ante esta situación, a Consellería do Medio Rural, non pode quedar de mera observadora, senón que xa vai sendo hora de que empece a tomar as medidas necesarias”, ínstalle Fruga á administración galega.

Comentarios