As rúas de Catalunya acollen as primeiras mobilizacións contra a sentenza do procés

Rúas e autovías cortadas, marchas a pé, concentracións... A resposta á sentenza do TS comeza a articularse por todo o territorio catalán.

catalunya procès sentenza

Ao pouco de se facer pública a sentenza do Tribunal Supremo sobre as persoas xulgadas polo ‘procés’ comezaron xa a desenvolverse as primeiras mobilizacións e accións en Catalunya de rexeitamento á resolución. ANC, Òmnium, CDRS, Tsunami Democrático e estudantado, entre outros, fixeron un chamamento a se sumar ás diferentes mobilizacións que se están articulando e a estar pendentes das próximas convocatorias.

En Barcelona, Girona e ducias de localidades catalás xa hai corte de rúas e manifestacións, así como tamén hai cortes de tráfico en diferentes partes do territorio. Un exemplo foi o corte da C-17, na que tomaron parte centos de persoas. Na capital catalá, desde diferentes facultades partiron columnas de estudantes en dirección á Praza de Catalunya.

Sindicatos e diferentes entidades convocan unha concentración de rexeitamento na Praza de Sant Jaume ás 13:30 horas naixo o lema ‘Pels drets i les llibertats', contará coa participación de organización como Intersindical CCOO, UXT, Unión de Payesos e Òmnium, entre otras.

Comentarios