Os prezos comezaron 2020 na Galiza cunha suba superior á media española

De xaneiro de 2019 a 2020 aumentaron en 1,2%.

 

salario soldo cartos diñeiro

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou 1,1% en xaneiro en relación co mes anterior, pero increméntanse de forman interanual en 1,2%, segundo os datos que publica esta sexta feira o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Este avance na Galiza en xaneiro respecto ao primeiro mes de 2019 supón unha décima máis do aumento a nivel estatal, que é de 1,1%. Deste xeito, o IPC inicia 2020 dúas décimas por encima do que subiron este ano as pensións (0,9%).

Estatística atribuíu o repunte da taxa interanual do IPC de xaneiro á suba dos prezos da electricidade, do vestido e o calzado, e dos alimentos e bebidas non alcohólicas, especialmente do peixe e marisco.

Comentarios