O prezo dos alugueiros subiu 10,78% na Galiza no último ano

Galiza encabeza as subas dos prezos dos alugueiros no conxunto do Estado español no mes de decembro, unha fito que se repite tamén nas estatísticas trimestrais e que elevan as alzas no ano a 10,78%. 
Galiza marca máximos no prezo do aluguer (Foto: Arxina).
photo_camera Galiza lidera as subas no prezo dos alugueiros no Estado español (Arxina).

s prezos dos alugueiros na Galiza fecharon decembro coas maiores subidas do estado español. Segundo o informe anual de prezos do alugueiro do portal Pisos.com, as galegas que alugaron piso o pasado mes de decembro pagaron de media 2,91% máis que o mes anterior. Este comportamento dáse tamén nas variacións trimestrais, que no caso da Galiza sitúase en 4,58%, novamente liderando o conxunto dos territorios do Estado español. No ano, as rendas incrementáronse 10,78% só superado por Andalucía, Baleares, Cataluña, Madrid e Navarra. 

En declaracións a Nós Diario, o director de Estudos de Pisos.com, Ferrán Font, explica que o comportamento dos alugueiros na Galiza débese a que "a demanda está a introducir tensión nunha oferta que non é suficiente para dar resposta ás necesidades das persoas". En todo caso, sinala que Galiza é un mercado independente, coa súas propia demanda e oferta, aínda que no caso dos alugueiros, os centros das vilas e as localidades máis turísticas "estanse a ver afectadas polo incremento das vivendas vacacionais", que limitan a xa de por si escasa oferta. 

O estudo elaborado por Pisos.com sitúa a renda media na Galiza en 596 euros ao mes, e o tamaño medio das vivendas nos 111 metros cadrados. Son, polo tanto, das máis baratas do Estado español, só superadas polas de Castela a Mancha (585 euros) e Extremadura (459 euros). Na estatística anual referida ás principais vilas emerxen os nomes da Coruña e Lugo por motivos diversos. A cidade herculina foi a capital que máis alza rexistrou nos prezos dos alugueiros (14,46%)no último ano só superada por Tarragona (14,76%) e Huesca (14,56%). O dato contrasta co de Lugo, que foi a cidade coa maior caída do Estado, cunha baixada de 13,60%, con 442 euros ao mes de media.

Ao remate do ano, alugar un piso en Lugo era máis barato que facelo en Ourense, onde as rendas medias en decembro foron de 519 euros. Bastante máis caro resultaba facerse cun alugueiro en Pontevedra, que se situaron de media nos 690 euros, unha cantidade moi afastada dos 733 euros que pagaron de media os inquilinos por un piso na Coruña.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios