Pemex toma o control de Barreras

Unha empresa de propriedade estatal faise co 51 por cento dun esteleiro privado galego. Pemex vaise facer co control de Barreras. Galiza continúa a perder capacidade de decisión sobre a súa economía.

photo_camera Estaleiro de Barreras en Vigo

O anuncio de Feijóo de que Pemex estaba interesada en mercar un estaleiro galego cumpriuse. Toda unha novidade na ringleira de anuncios do presidente autonómico sobre a para-estatal mexicana (construír 14 remolcadores, 2 floteis,...) que non se deron concretado. Mais que Pemex ía se facer cun estaleiro de Galiza si se concretou. Polo menos iso é o que anuncian medios de México, que afirman que a compañía azteca fíxose co 51% de Barreras, un dos grandes e históricos do navalen Vigo.

Unha empresa para-estatal mexicana, Pemex, mete no peto a unha empresa privada galega. Fican preguntas no ar

A noticia non colleu por sorpresa na cidade olívica, pois as dificultades de Barreras (que acaba de saír dun concurso de acredores) facíana candidata número 1 a caer nas redes de Pemex. Mais non deixa de ser paradóxico que unha empresa con gran participación estatal, Pemex, meta no peto a unha firma privada galega, Barreras, nunha xogada que deixa polo menos unha pregunta no ar: está o Estado mexicano a botar unha man aos neoliberais españois?

Hai que salientar que Barreras ía ser un dos dous estaleiros galegos (o outro era Navantia, en Ferrol) que ía construír un dos famosos floteis de Pemex. Un anuncio feito por Feijóo en plena pre-campaña electoral mais da que non hai nada tanxíbel, como teñen denunciado por activa e por pasiva oposición e sindicatos.

Negocio redondo

Segundo algúns comentaristas mexicanos, a adquisición de Barreras é unha xogada mestra de xadrez pola cal Pemex pon á Xunta de Galiza na obriga de mover ficha a prol dos intereses da para-estatal.

Comentarios