Premios da Cultura Galega para Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado e Ignacio Vilar

Os oito gañadores deste ano son: Fina Casalderrey, Miguelanxo Prado, María Bouzas, Ignacio Vilar, o Real Coro Toxos e Froles, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial e a investigadora Kathleen Nora March.

xuri-premioscultura
photo_camera Xurado dos Premios

O xurado recoñeceu figuras e entidades de consolidada traxectoria no mundo da cultura: a escritora Fina Casalderrey no apartado de Letras, o debuxante Miguelanxo Prado en Artes Plásticas, a actriz María Bouzas en Artes Escénicas, o cineasta Ignacio Vilar en Audiovisual, o Real Coro Toxos e Froles de Ferrol (Música), a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (Lingua), a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Patrimonio Cultural), e a galicianista americana Kathleen March (Promoción Exterior). 

Estes son os premios que substituíron aos Premios Nacionais da Cultura que instituiu o Goberno bipartito, dos que só chegou a celebrarse unha edición. Estes galardóns recoñecían dez modalidades, cuxos únicos gañadores foron Manuel Gallego Jorreto (Arquitectura e espazos públicos), Francisco Leiro (Artes visuais), Margarita Ledo (Cine e audiovisual), Museo do Pobo Galego (Cultura tradicional e de base), Xosé Luís Méndez Ferrín (Literatura), Francisco Díaz-Fierros (Pensamento e Cultura científica, a remodelación urbana de Pontevedra (Patrimonio cultural), Mercedes Peón (Música), o Laboratorio de Formas (Iniciativa cultural) e Manuel Lourenzo (Artes escénicas). 
 

Comentarios