#PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #Eufalogalego

A plataforma Queremos Galego instou a "desconfinar o idioma", colgando a bandeira nacional nas fiestras e con mensaxes coordinados nas redes sociais ás 12.00 horas.

queremos_galego

Neste domingo, 17 de maio, unha pequena representación da plataforma Queremos Galego, con elementos de protección e seguridade, realizará unha ofrenda floral ante a estatua de Ricardo Carvalho Calero en Compostela ás 12 horas. Alí lerán o manifesto dedicado ao homenaxeado e asinado pola escritora María Pilar García Negro.

A plataforma Queremos Galego instou a "desconfinar o galego", colgando a bandeira nacional nas fiestras así como carteis conmemorativos. Tamén fixo un chamamento a visibilizar a necesidade da lingua con mensaxes coordinados nas redes sociais ás 12.00 horas deste domingo, tanto con textos, vídeos, fotografías e audios coas etiquetas #PrecisamosDoGalego #QueremosGalego #17demaio ou #Eufalogalego.

Por último, a plataforma chamou a saír ás 13.00 horas ás fiestra a cantar A fala, tema musicado por Uxía e Sérgio Tannus sobre o poema de Manuel María.

Comentarios