O PPdeG pide mobilizarse para frear “aos radicais e extremistas anti-todo”

Feijóo centra o peche da campaña popular atacando ao resto de forzas políticas durante un mitin en Ourense, acompañado de Manuel Baltar.

peche campaña pp
photo_camera (Imaxe: PPdeG)


O PPdeG pechou campaña atacando ao resto de forzas políticas que concorren ao 20D. O líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, chamou a mobilizarse para contrarrestar “aos radicais, aos extremistas, os anti-todo e os contra todo, que xa superaron a PSOE e BNG”, en referencia á candidatura de En Marea.

Feijóo apelou ao orixe galego de Mariano Rajoy como mellor garantía fronte ao “desinterese” polo país do resto de formacións. “Hai que votar polo presidente ao que máis lle preocupa Galiza”, dixo o tamén presidente da Xunta, fronte aos “candidatos que só saen pola televisión”.

Cualificou a candidatura de En Marea de seudónimo de Podemos, de quen dixo que “o máis parecido que coñecen ao rural galego é o céspede da Complutense”. Tamén cargou contra Ciudadanos por “ocultar aos seus candidatos”, mentres que dixo que “o PSOE está no seu peor momento” e “os amigos do BNG sobrepasados polas mareas de Podemos. 

Acompañado polo presidente provincial do PP, Manuel Baltar, confiou en sacar tres dos catro escanos en Ourense. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios