Os inquéritos dos meios galegos concordan nas tendencias xerais


As enquisas publicadas por diferentes medios mostran un escenario político en Galiza moi diferente ao que debuxaron os comicios de 2011. Todas coinciden en que o Partido Popular será a forza máis votada no país durante os próximos comicios do 20D. Pola segunda praza competirían PSOE e En Marea. Ciudadanos conseguiría representación mentres que Nós quedaría no limiar de alcanzar un escano, segundo os tres estudos de opinión. 

Segundo o inquérito realizado por Sondaxe para 'La Voz de Galicia',  que o PP lograría 11 escanos, seguido de En Marea con 6. O PSOE baixaría até os 4 deputados, mentres que Ciudadanos se faría con dous escanos. Apunta o estudo un alto número de persoas indecisas, máis de medio millón, que representan a un cuarto dos e das censadas con dereito a voto.

O diario 'La Región' sinala un resultado próximo pero diferente na enquisa realizada por Infortécnica. O PP sería de novo o gañador, con entre 11 e 12 escanos. En Marea estaría entre os 4 e os 6 escanos, co PSOE empatado con entre 4 e 5 escanos. Ciudadanos tamén conseguiría 2 deputados segundo este inquérito.

Por outro lado, a enquisa realizada por GAD3 para o xornal 'ABC' agoira que o PP obtería entre 11 e 12 escanos. O PSOE manteríase como segunda forza con entre 5 e 6, mentres En Marea estaría entre os 3 e 5 representantes; por 2 de Ciudadanos.

Comentarios