O PP rexeita no Parlamento a limitar o prezo dos alugueres

Ao PP non lle preocupa a suba sostida dos prezos dos alugueres na Galiza. Ou polo menos iso é que se deduce do debate e a súa postura parlamentaria en contra de limitalos, expresada en pleno esta cuarta feira 7 de xullo na votación dunha iniciativa presentada polo grupo parlamentario de En Marea.

Vivendas en alugueiro #aluguer #vivenda #piso #casa (Foto: Laura R. Cuba)
photo_camera Vivendas en alugueiro. Foto: Laura R. Cuba.

Este defendía que o Parlamento de Galiza instase ao Goberno central a regular os prezos en función das zonas e da propiedade dos inmóbeis. A súa deputada Julia Torregrosa cualificou a situación de “crítica”, cifrou nun 12% o aumento dos despexos na segunda metade de 2018 -até 800- e alertou da fenda entre aluguer e salario.

A proposta recolleu o apoio de PSdeG, BNG e Grupo Mixto, mais non o do PP. O partido que sostén o Goberno de Núñez Feixoo cualificou de “autétntico fracaso” a limitación de alugueres en cidades como París e Berlín e asegurou que o Goberno portugués copia o plan de vivendas baleiras da Xunta.

Comentarios