O PP rexeita mellorar a protección social d@s doentes de cancro

O partido que apoia o goberno vetou a tramitación dunha Proposición de Lei presentada pola deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, e impulsada pola xornalista e avogada viguesa, Beatriz Figueroa. 

beatriz
photo_camera Beatriz Figueroa

Coa súa maioría absoluta o Partido Popular rexeitou esta cuarta feira (23 de abril) a Proposición de Lei presentada pola deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila. Foi na Comisión de Emprego e Seguridade Social e a iniciativa visaba mellorar a protección social, laboral e económica d@s doentes de cancro.

A súa promotora, a avogada e xornalista viguesa, Adela Figueroa --tamén enferma de cancro-- denunciaba no texto presentado pola parlamentar nacionalista, as "grandes dificultades" que atinxen @s doentes para faceren fronte á súa enfermidade mais tamén para continuaren adiante coas súas vidas persoais e laborais. 

426 euros ao mes e o 40% do custe dos medicamentos

Cando esgotan a prestación por incapacidade temporal son cualificadas coma incapacitadas permanentes" mais, en caso de que se atopen no desemprego cando se lles diagnostica a enfermidade --caso de Beatriz Figueroa, diagnosticada hai tres anos-- ao esgotaren a prestación fican sen ingresos. Mais esta realidade non as exime de pagar os medicamentes, no caso de Figueroa cuns ingresos de 426 euros mensais vese na obriga de financiar cos seus recursos o 40% do tratamento. 

Beatriz leva 32 meses percibindo 426 euros ao mes e leva 28 pagando o 40% dos seus medicamentos

Neste senso, a Proposición lexislativa presentada por Beatriz Figueroa da man do BNG demandaba ao goberno español protección económica para @s enferm@s de cancro e evitar, desta maneira, que se vexan condenad@s á exclusión social. As súas demandas foron avaladas por perto de 400.000 sinaturas recollidas através da plataforma dixital Change.org mais o Partido Popular rexeitouna. 

O PP di que o sistema actual é "solidario" e "de reparto"

Segundo a deputada do grupo maioritario o Estado español conta cun "sistema solidario e de reparto, onde existen distincións entre unhas enfermidades e outras" o que motiva o posicionamento do seu partido a introducir mudanza algunha na lexislación actual. Para Beatriz Figueroa o que partillan @s doentes de cancro e outras patoloxías graves son "as penurias" e a "precariedade" mais non unha protección socio-laboral digna. 

Para serlle recoñecida unha "incapacidade permanente" deberá ir a xuízo en outubro de 2014, para daquela "estrei curada ou morta de fame", di

Desde as bancadas do Grupo Mixto, a deputada asinante da proposta, Olaia Fernández Davila, amosou o seu agradecemento polo traballo desenvolvido por Figueroa quen, lembrou a nacionalista, vén de facer fronte a dúas operacións o pasado mes de febreiro e leva 3 anos loitando contra o cancro. Segundo Fernández Davila, a iniciativa achegada por esta cidadá viguesa reflicte "a situación de desesperación que viven moitas persoas" froito de situacións "dramáticas" como a de Beatriz que, cuns ingresos de 426 euros durante os últimos 32 meses son de 426 euros. 

De acordo co procedemento actual, unha doente de cancro terá de agardar a que un xulgado do social dite sentenza a respeito da súa calificación de "incapacidade permanente" un feito que no caso de Beatriz se resolverá en outubro de 2014. Paraa avogada e xornalista, daquela estará "curada ou morta de fame" habida conta a súa situación económica. Desde o BNG lembran que "as persoas con diagnóstico ce canciroma ou outras patoloxías graves xa teñen bastante coa enfermidade para ter que engadir o factor da incertidume por un longo proceso burocrático", sinalou Fernández Davila. 

Comentarios