PP e dous edís do PSOE de Castrelo de Miño pactan a moción contra o alcalde do BNG

Os nacionalistas levan tempo advertindo doas 'manobras' para sacar da Alcaldía a Esteban Suárez. 
Concello_de_Castrelo_de_Miño
photo_camera Concello_de_Castrelo_de_Miño

O tres concelleiros do Partido Popular de Castrelo de Miño (comarca do Ribeiro) e os dous edís 'díscolos' do PSOE chegaron esta fin de semana a un pacto para desaloxar da Alcaldía deste concello o alcalde do BNG, Esteban Suárez.

Diso informou o PP nun comunicado remitido aos medios esta segunda feira, no que detallan que este acordo "de mínimos" busca "axudar o progreso" de Castrexo de Miño.

Neste sentido, o portavoz popular, Avelino Pazos, sinalou que a decisión ten "como única finalidade devolver a normalidade democrática e institucional ao concello após un ano de absoluta parálise e de falta de diálogo por parte do alcalde nacionalista".

Pola súa banda, fontes municipais explicaron a Europa Press que o pleno para debater esta moción de censura terá lugar o vindeiro 10 de agosto. Ademais, na tarde desta terza feira, o Consistorio celebrará un pleno para abordar o pacto antitransfuguismo.

Precisamente, o PSOE provincial de Ourense instou a pasada semana os dous edís díscolos, Francisco Pérez e Jaime Fontanes, a entregar as súas actas após votar co PP nos últimos plenos.

O BNG de Castrelo de Miño reclamou no seu día “contudencia” ao PSOE para frear a “cada vez máis probábel” moción de censura que quitaría da Alcaldía o nacionalista Esteban Suárez. 

Comentarios