O PP di que “estudará” a proposta de debate na TVG

Considera que a idea responde á “desesperación” do BNG, que o único que procura é que lle “fagan caso”.

Miguel Tellado
photo_camera Miguel Tellado

O PP estudará a “proposta” do BNG de que a TVG acolla con motivo das eleccións xerais un debate entre os líderes das formacións con representación na Galiza. Así o manifestou o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, se ben as súas propias declaracións na comparecencia de imprensa semellan indicar que os populares non teñen moita vontade de estudiar a proposta.

Así, Tellado dixo que a iniciativa do BNG respondería á “desesperación” na que, di, se atoa o nacionalismo galego e que o que procuraban coa proposta era que “intentar debater con todo o mundo para que alguén lles faga caso”. A seguir, e contradicindo a súa afirmación de que estudaría a idea do debate, afirmou que “non se debe sequera responder” a proposta pois o PP “non ten nada que negociar cos que pactan ou se coaligan coa antiga Batasuna e ERC”.

O secretario xeral de PPdG insistíu, aliás, en que o BNG é unha “forza extraparlamentar” nas Cortes españolas polo que non tería cabida nese debate.

Comentarios