PP e Ciudadanos selan o pacto para gobernar Andalucía á espera do apoio de Vox

Moreno Bonilla (PP) será presidente e Juan Antonio Marín (Cs) vicepresidente, un acordo que para materializarse precisa o voto da extrema dereita.

Pp e ciudadanos andalucia

O pacto foi asinado no Parlamento andaluz polos líderes andaluces de ambas as dúas formacións, JUanma Moreno (PP) e Juan Marín (Cs) e polos secretarios xerais dos partidos a nivel español, García Egea e José Manuel Villegas.

O pacto consta de sete puntos. O primeiro deles fixa que Cs manifestará á presidenta do Parlamento o seu apoio a Juanma Moreno como único candidato a presidir a Junta, e no punto dous engade que CS apoiará cos seus 21 escanos a Moreno como presidente.

Aliás, acordaron que o presidente da Junta nomeará Juan Marín vicepresidente e que o novo goberno estará composto por un número de consellarías e delegación “menor ao actual”.

Porén, os 47 escanos de PP e CS non chegan para acadar a maioría parlamentar requerida para plasmar este acordo. De aí que todo dependa de Vox. Marín sinalou que lle compete agora ao candidato a presidente “recadar os apoios necesarios para a investidura”, abrindo así unha porta a Vox.

Nesta liña, e unha vez asinado o acordo entre P e CS, o Partido Popular vai reunirse de novo coa formación da extrema dereita española para lograr o seu apoio á investidura.

Comentarios