Imprimir

Portugal vive o seu primeiro día de “loito nacional” pola violencia machista

Redacción | 07 de marzo de 2019

O Goberno portugués declarou esta quinta feira, véspera do Día Internacional da Muller Traballadora, a primeira xornada de “loito nacional” polas vítimas da violencia machista.
 

No que vai de 2019 houbo 13 asasinadas. O pasado ano foron 28. “O día de loito nacional serve para concienciar sobre o problema e homenaxear as vítimas”, expuxo a ministra da Presidencia Mariana Vieira da Silva.

 

O primeiro ministro socialista, António Costa, tamén se expresou ao respecto vía redes sociais: “A violencia doméstica é unha grande traxedia que sinalamos como o loito nacional, evocando na perda das vidas e no sufrimento das vítimas, que non aceptamos vivir nunha sociedade que silencia e ignora”.

 

Costa tamén se reuniu por primeira vez, segundo informa o xornal Público, coa comisión técnica multidiciplinar “para a prevención e o combate contra a violencia doméstica”. O citado organismo presentará, antes de tres meses, un informe con propostas para combater a violencia machista.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/internacional/portugal-vive-seu-primeiro-dia-luto-nacional-pola-violencia-machista/20190307165208076835.html


© 2020 Nós Diario