Pontón apela á presunción de inocencia ante as detencións decretadas pola Audiencia Nacional

Ao tempo que reafirmou o pacifismo do BNG como forza que non acepta ningunha vía distinta á da defensa das ideas por medios democráticos, Ana Pontón dixo ver con "moita cautela" operacións como a despregada este domingo contra persoas ás que se situaría na dirección de Resistencia Galega.

Ana Pontón. 3 de setembro de 2018.
photo_camera Ana Pontón, en rolda de prensa

"Somos unha forza política que non acepta o uso de ningunha vía que non sexa a da defensa das ideas por medios democráticos", salientou Ana Pontón esta segunda feira ao ser inquirida polos medios a respecto das detencións de pretensos integrantes de Resistencia Galega.

"Vemos con moita cautela este tipo de operacións", dixo, ao tempo que remarcou que no pasado xa se produciron detencións que acabarían revelándose como "inxustas".

"Temos a máxima precaución á hora de analizar ou valorar. Unha vez que estes casos cheguen á xustiza, veremos cal é o resultado final para poder valoralos. As persoas son inocentes mentres non sexan xulgadas e, por tanto, ímonos manter nesa presunción de inocencia", concluíu.

Comentarios