Porto da Coruña

Pontón pon en valor o BNG para defender Galiza e frear a dereita

O candidato Néstor Rego anunciou que esixirá no Congreso a devolución dos terreos portuarios á cidade da Coruña e que o Estado financie o 100% de Punta Langosteira.

porto-coruña-ponton-rego
photo_camera Pontón e Rego

Desde o Porto da Coruña o BNG afirmou que esixirá nas Cortes Xerais a devolución á cidade dos terreos portuarios e que o Estado financie o 100% de Punta Langosteira.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, xunto co candidato ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, anunciaron que a situación cos terreos interiores do porto e co financiamento de Punta Langosteira “é un exemplo de manual da discriminación do Estado e do inútil que resulta ter deputadas e deputados que en lugar de defender os intereses dos e das galegas están para facer o que mandan os seus xefes dende Madrid”, e lembraron que o Estado investiu nos portos de Xixón, Valencia, Barcelona e Bilbo unha cifra superior a 5.000 M€.

“Por que razón non hai o mesmo compromiso coa Coruña e aquí se pretende vender uns terreos que son da cidade?” preguntouse Néstor Rego, e anunciou que o nacionalismo “condicionará o goberno do Estado a que financie Punta Langosteira e que os terreos do porto interior sexan devoltos á cidade”.

Un BNG en ascenso

Ana Pontón chamou ao voto das e dos indecisos aludindo ao “valor extra do BNG”, en referencia á defensa dos intereses de Galiza e como “freo á entrada da dereita carca e antigalega que representa Vox e Ciudadanos”, en alusión á disputa de escanos na Coruña e Pontevedra.

Comentarios