Pontón apela ao “voto rebelde” da mocidade para “devolver a voz” a Galiza

A portavoz nacional, acompañada do candidato pola Coruña, Néstor Rego, e á alcaldía compostelá, Goretti Sanmartín, partillou café e conversa con mozas e mozos nun piso de estudantes.

BNG PISOS

Ana Pontón animou a mocidade a participar nas eleccións do 28A para que o seu “voto útil” permita “un futuro para este país”. A portavoz nacional mantivo un encontro con mozos e mozas nun piso de estudantes en Compostela, onde compartiu café e conversa sobre as cuestións que lle preocupan a xuventude do país.

.

 “Estou segura que a mocidade vai ser a clave para que o 28A Galiza conte no Estado e iso se traduza en máis oportunidades para a xente moza, que signifique un revulsivo para este país e que sexamos capaces de devolverlle unha voz a Galiza nun momento excepcional”, recalcou a portavoz nacional.

No café cos mozos e mozas, -“vexo que vinte anos despois sigue habendo pisos sen calefacción como na miña época”-,  apelou á mocidade galega que quere facerse escoitar no Congreso a partir do próximo domingo. “Sei que vai haber un voto rebelde e que hai moita xente nova que o 28 de abril quere ir votar con ilusión, con convicción neste país, porque temos moito que gañar se confiamos nas nosas propias posibilidades”, recalcou.

Na conversa falouse de precariedade laboral, de Lomce, de emigración da necesidade de mudanzas para mellorar o sistema educativo con máis bolsas de estudo e maior dotación. Tamén da mobilidade e o caro que é para a xente nova trasladarse en transporte público desde otros puntos de Galiza a Compostela e outros campus para estudar..

No encontro tamén participou a candidata á Alcaldía de Santiago, Goretti Sanmartín, e o candidato ao Congreso pola Coruña, Néstor Rego, quen se mostrou convencido de que a mocidade “parará a esa dereita carca e antigalega que representa Vox e Cs aos que o BNG disputa escanos en Coruña e Pontevedra”, salientou.

Comentarios