Policía detén e interroga o capitán do Dépor, Álex Bergantiños

En relación  ao partido co Fuenlabrada.

alex-bergantinos-celebra-un-tanto-del-deportivo-de-la-coruna-ante-el-malaga--laliga
photo_camera Álex Bergantiños (Foto: La Liga)

O capitán do Deportivo, Álex Bergantiños, prestou declaración esta cuarta feira ante a Policía Nacional na Coruña tras se referir, nun audio que enviou aos seus compañeiros e que foi filtrado, ao partido co Fuenlabrada como un ' paripé', motivo polo que está a ser investigado por un presunto delito de corrupción no ámbito deportivo.

O futbolista foi detido na rúa polos axentes e trasladado a dependencias policiais.

Fontes próximas á investigación confirmaron a Efe que se lle interroga por se puidese cometer un delito de corrupción entre particulares no ámbito do deporte

Comentarios