Podemos só logra representación nun dos catro concellos onde se presentaba coa súa marca

A formación morada só consegue representación nun dos catro municipios en que concorreu baixo a súa baixa nas eleccións municipais. Trátase de Ames, onde logrou dúas actas. Non consegue entrar nas Corporacións de Lugo, Marín e Ourense.

Podemos Pablo Iglesias
photo_camera No centro, Pablo Iglesias

Podemos presentouse ás eleccións municipais baixo a súa propia marca en catro concellos: Ames, Lugo, Marín e Ourense, mais só conseguiu representación no primeiro deles. Así, en Ames, onde o PSOE acadou oito concellos, perdeu unha das tres actas que posuía e ficou con dous. A outra candidatura de confluencia, Ames Novo, pasou de catro a unha.

En Lugo ficou cun 3,95% dos votos. Tampouco conseguiu representación ningunha das outras candidaturas de confluencia: Lugo Novo (apoiado por En Marea e que posuía tres representantes) e ACE (apoiado por IU e que contaba cun representante).

Tampouco logrou acta en Ourense, onde só chegou ao 2,6% dos votos. Ourense en Común é outro dos damnificados e pasa de tres edís a ningún.

En Marín, Podemos obtivo o 3,7% das papeletas. A Marea de Marín, apoiada por En Marea, ficou sen as tres actas que tiña.

En Pontevedra, onde se presentaba como Podemos-IU Son en Común, quedou sen representación e cun 3% do apoio e en Betanzos, Podemos-IU, posuíu o 4,2%, e ningunha acta.

Comentarios