Divorcio de Podemos e Esquerda Unida en Lugo, cidade na que, finalmente, concorrerán por separado ás eleccións municipais ao non chegar a un acordo.
Polo autodenominado “espazo de unidade popular”, que nun primeiro momento se ligara ás mareas, presentaranse á Alcaldía de Lugo Podemos, EU e tamén Lugonovo, forza que conta co apoio orgánico de En Marea.
EU contará coa adhesión de Equo e concorrerá baixo a marca ACE, unha coalición da que será candidato Carlos Portomeñe, quen recunca como cabeza de lista.
En 2015 presentáranse ás municipais en Lugo tanto Lugonovo, impulsada daquela por sectores próximos a Podemos, Anova e Espazo Ecosocialista, e mais ACE, promovida por EU. Lugonovo conseguira duas actas, mentres que ACE conseguira só unha.