PNV e PSOE sacan tallada do adianto das eleccións en Euskadi

Ambas as dúas formacións aumentarían en representantes, segundo unha enquisa de EiTB. EH Bildu mantería representación embora  a alza no voto e Podemos e PP baixarían.

 

Iñigo Urkullo, candidato a Lehendakari polo PNV

O adianto electoral en Euskadi deixaría bos resultados para PNV e PSOE, partidos coaligados para gobernar nese territorio, e que aumentarían en representación, atinxindo entre ambos a maioría absoluta da que carecen actualmente. Isto é, cando menos, un dos datos da enquisa que esta quinta feira publica a radio televisión pública vasca (EiTB).

En base a este barómetro, PNV aumentaría en tres ou catro escanos, pasando dos 28 actuais a 31-32 e reforzándose como a principal forza política en Euskadi. EH Bildu manteríase sen problemas como segunda forza, mesmo aumentando en voto (tivo 21,3% en 2016 e a enquisa apunta que o 5 de abril terá 22,6%). Se hai catro anos logrou 18 deputados e deputadas, agora tería entre 17 e 19, segundo este traballo.

O PSOE aumentaría desde as 9 representantes actuais a 11-12, segundo esta enquisa. Podemos baixaría e pasaría das 11 cadeiras que ten agora no Parlamento a 8-9. Tamén perdería apoios o PP, que actualmente ten 9 representantes na Cámara vasca, e que segundo este barómetro ficaría en 5-6.

Comentarios