ERC, PDeCAT e EH Bildu tamén dan a luz verde á iniciativa

O PNV DITA SENTENZA CONTRA RAXOI

Aitor Esteban acaba de facer oficial, desde a tribuna do Congreso dos Deputados, o voto afirmativo á moción de censura contra Raxoi. Segundo a estimación do portavoz do PNV, a iniciativa de Sánchez contaría xa con 185 apoios na cámara. É o principio do fin do ciclo Raxoi na política estatal.

 

 

Screen Shot 2018-05-31 at 17.12.09
photo_camera Aitor Esteban

Ou demite Raxoi ou os 5 votos do PNV irán a Pedro Sánchez. Este é o miolo do acordo alcanzado polo Euskadi Buro Batzar, a executiva do PNV  reunida esta quinta feira en Vitoria, segundo a información que avanzou El Periódico de Catalunya ao fío das 14 horas e que se iría confirmando co paso das horas.

A posición oficial do partido non a trasladou ningún portavoz ao termo da reunión, senón que a comunicará o portavoz do grupo parlamentar, Aitor Esteban, na súa intervención desta tarde no pleno do Congreso.

O pleno interrompeuse arredor das 13.30 -concluído o puxilato entre Sánchez e Raxoi- e reatouse por volta das 15 horas, coa intervención dos distintos portavoces parlamentares, en orde de menor a maior.

O discurso do PNV

Aitor Esteban reservou os últimos minutos para revelar o sentido de voto definitivo do seu grupo. Explicouno nestes termos: "O noso voto negativo á moción traería máis estabilidade ao país e ao goberno? As mocións ían ser continuar. O noso voto negativo non daría máis estabilidade. Votando si somos responsábeis".

Hai unha cuestión nacional pendente no estado e atinxe a Euskadi e Catalunya, dixo Aitor Esteban. "O camiño é dialogar, intentar encontrarse, recoñecer que existe un problema nacional nalgúns lugares deste Estado", engadiu.

Na súa réplica, Sánchez garantiu a execución dos orzamentos para 2019 -pactados polo PNV co PP e con Cs- e que outorgarán á formación nacionalista vasco status de socio preferente para abordar as reformas da arquitectura institucional do estado, mudanzas que non precisou.

Formacións a prol da moción

Durante a sesión vespertina deste debate -que concluirá coa votación esta sexta feira por volta das 14.30 horas- puido constatarse que a moción dispón do apoio das distintas formacións soberanistas -as catalás, PDeCAT e ERC; e as vascas, EH BIldu e PNV-, ben como tamén será votada afirmativamente por Nova Canarias, Compromís, En Marea e Unidos Podemos.

Comentarios