22 de outubro na Ral Academia Galega

Pilar Pallarés fala no ciclo sobre literatura da AS-PG

É unha poeta cuxa traxectoria aparece puntuada de longos silencios. A súa última declaración titúlase Tempo fósil (2018) e foi un dos libros máis celebrados da tempada. Pilar Pallarés fala esta terza feira, 22 de outubro ás oito do serán, na Real Academia Galega na Coruña dentro do ciclo 70minutos.com, organizado pola AS-PG.
pilar pallarés foto aelg
photo_camera A poeta Pilar Pallarés. Foto: AELG.

Será a segunda conferencia dun programa co que a organización quere “propor unha análise sobre a literatura galega contemporánea”. Pallarés (Culleredo, 1957) disertará arredor da poesía, xénero ao que achegou obras influíntes, case determinantes, como Sétima soidade (1984) e, sobre todo, Livro das devoracións (1996).

Ao día seguinte será outra poeta, pero da promocións máis recentes, a que fale na Biblioteca Municipal de Carballo, Rosalía Fernández Rial (Carballo, 1988), autora de Sacar a bailar (2016), o volume que compila a súa escrita entre 2009 e 2016.

As charlas, din desde a AS-PG, “procuran a achegar a diversidade da literatura contemporánea a través de voces expertas capaces de a contextualizar, definir e debullar”.

Comentarios