Piden un convenio para que se garanta a presenza do galego en concellos e pedanías do Bierzo

bierzo3

Un convenio inter-administrativo entre Castela-León e Galiza para que o galego sexa unha lingua viva e presente nos entes locais do Bierzo: concellos, consello comarcal e pedanías. O colectivo Fala Ceibe vai remitir un documento aos partidos políticos con representación nas cortes casteláns e o parlamento galego para pedirlles que presenten proposicións non de lei neste sentido, o de lograr un convenio Castela-Galiza sobre o galego neste campo.

“Os diversos entes locais do Bierzo, Consello comarcal, concellos e pedanías, carecen de medios acaídos, persoais, económicos e materiais para executar medidas de promoción do galego nas  administracións. Por iso é necesario reclamar á Xunta de Castela-León eses medios”, explica Xabier Lago, voceiro do colectivo.

Fala Ceibe sinala que hai fundamento xurídico-legal para dar cumprimento a esta petición. Nomea así leis e normas de Castela, de Galiza e  europeas (Carta europea de linguas rexionais) para defender que o galego estea presente nestas administracións e institucións bercianas.

A creación dun servizo lingüístico interadministrativo, a recuperación da toponimia tradicional en galego Bierzo Occidental ou a dispoñibilidade da versión en galego nas webs de concellos e consello comarcal son algún dos puntos que FB propón que se integren neste convenio. Tamén aponta a presenza no mesmo do dereito consuetudinario do Bierzo, 

Comentarios