Piden que os coches non se deteñan na AP9 ao paso por Angrois

A policía local de Santiago fixo un chamamento a que os coches non se deteñan na AP9 ao seu paso por Angrois, por constituír, din, un perigo para a seguridade. Visitantes e curiosos continúan a achegarse a aldea de Santiago para ver o lugar do sinistro.

Angrois converteuse, despois do accidente do tren Alvia, no lugar de peregrinaxe de centos de persoas que se achegaron para ver o tren descarrilado. A afluencia de xente obrigou a incrementar as medidas de seguridade e acordoar aínda máis a zona sinistrada.

Porén, a cercanía do lugar do accidente á AP9, a autopista que atravesa o país pola beira atlántica, fai que os coches se deteñan neste punto achegado a Compostela, reducindo a velocidade para ver desde a propia autopista a zona cero do sinistro. Dotacións policiais tiveron que dirixirse a ese punto da autopista co fin de que os automóbiles non freen a súa velocidade. 

Comentarios