Piden aos Gobernos español e galego a “intervención” de Alú Ibérica

 As organizacións sindicais critican que os gobernos teñan "abandonado á súa sorte os traballadores e traballadoras".

Alu ibérica

As organizacións sindicas con presenza na Mesa industrial creada para o mantemento da actividade nas plantas de aluminio da Coruña e Avilés enviaron unha carta de reprobación ao Ministerio de Industria “pola falta de actuacións ante a incerteza xerada tras a venda das fábricas ao Grupo Industrial Riesgo”.

Ao tempo, as centrais instan o Goberno español e galego a que tomen “as medidas legais necesarias para a intervención e control público da planta para poder garantir o emprego e a continuidade produtiv”a.  

No escrito repróchaselle ao Goberno español que teña "abandonado á súa sorte os traballadores e traballadoras” e desatendendo os compromisos asumidos polo Ministerio no proceso de venda das plantas de Alcoa a Parter Capital, que estivo tutelado polo Goberno español e contou co parabén da Xunta.

Na reunión telemática tampouco compareceron Alcoa e Parter,  polo que a representación social continúa sen coñecer os termos da operación de venda que este último grupo acadou con Industrial Riesgos.

Ante a incerteza no mantemento dos empregos e o futuro da planta, os traballadores e traballadoras de Alu Ibérica da Coruña realizaron unha nova mobilización na tarde do luns, ás portas da Delegación do Goberno, para esixir solucións e a intervención pública da fábrica.

Comentarios