Piden 17 anos de prisión para tres mozos independentistas que participaron na Jornada de Luita de Briga

A Fiscalía acusa os tres mozos de participaren en "graves altercados" o 24 de xullo de 2011, véspera do Día da Patria. A organización xuvenil independentista Briga convocou para este 8 de novembro unha concentración nos xulgados de Compostela, onde van ser procesados estes tres militantes.
Manifestación de Briga
photo_camera Manifestación de Briga

O 8 de novembro comeza nos xulgados de Compostela máis un xuizo contra militantes do independentismo. Nesta ocasión trátase de Simom, Brandam e Raúl, tres mozos que forman parte de Briga, organización xuvenil independentista, e para os que a fiscalía solicita en conxunto 17 anos de prisión. Unha petición que responde a que a procuradoría considéraos responsábeis de "graves altercados" vencellados á Jornada de Luita que Briga desenvolveu o 24 de xullo de 2011, na véspera do Día da Patria. O propio 8 de novembro, ás 9:30 horas, terá lugar ante os xulgados unha concentración de apoio aos acusados e de denuncia dun "xuízo político".

As penas solicitadas pola fiscalía fan referencia aos delitos de "desordes públicas, danos e atentado á autoridade" dos que responsabiliza os tres mozos.

Nun comunicado, Briga sinala quea organización é, "na figura destes companheiros, vítima dumha duríssima perseguiçom policial amparada pola procuradoria de Compostela", para alén de afirmar que o que vai acontecer o día 8 nos xulgados de Compostela é "um julgamento político em que o que está em causa é o seu compromisso. O objetivo: acovardar a juventude nesta sinistra maré de miséria com que Espanha se abate sobre as nossas costas".

Comentarios