O PIB per capita sitúase nos 20.510 euros, 2.000 menos que no Estado e 8.000 por baixo da zona euro

O Produto Interior Bruto de Galiza é de 55.798 millóns de euros, caendo un 0,7% respecto do exercicio anterior. Servizos é o sector que máis achega (59%).

O Produto Interior Bruto de Galiza foi en 2012, a prezo de mercado, de 55.798 millóns de euros, un 0,7% menos que no exercicio anterior. Un PIB per capita de 20.510 euros, por baixo da media do Estado español e da Zona Euro. Iso si, por riba da veciña Portugal. O Produto Interior Bruto do Estado español per capita é de 22.300 euros, (2.000 máis que o galego). O da Zona Euro sitúase nos 28.500, 8.000 euros por riba que o do noso país.

Entre os territorios do Estado, o galego fica por baixo de de 9 autonomías (máis de 9.000 euros por persoa e ano por baixo do de Madrid, por exemplo).

Como apuntan no Instituto Galego de Estatística, respeito o PIB, e desde a perspectiva da oferta, son de resaltar as baixadas experimentadas polas ramas industriais (diminuíron un 1,3% ) e da construción (-4,6%). Atendendo á estimación do PIB dende a perspectiva da demanda, o sector que experimentou maior descenso con respecto ao exercicio anterior foi a das importacións de bens e servizos (-8,8% en termos reais).

Con respecto á estimación do PIB pola vía da renda, o 43,8% do valor xerado procede da remuneración do traballo dos asalariados, e o 46,9% do excedente de explotación bruto.

Comentarios