Unha “peza teatral aberta” de Ana Abad gaña o II Premio Vidal Bolaño

A sombra das árbores é unha proposta teatral de corpo poético onde movemento e palabra cobran especial importancia. Preséntase como unha peza teatral aberta onde a dirección, xunto co grupo de actrices e actores, construirá desde ese non lugar un escenario simbólico poboado por un bosque de sombras”. Eis, sinteticamente, os argumentos do xurado do Premio Vidal Bolaño, que decidiu distinguir o traballo de Ana Abad de Larriva.

CastañodePumbariños
photo_camera O castiñeiro de Pumbariños en Manzaned. Foto: Josep Álvarez Pérez (Galipedia).

A sombra das árbores gañou así a segunda edición dun certame que ten “como finalidade animar á escrita de pezas teatrais dirixidas ao público mozo, é dicir, ao alumnado da ESO e Bacharelato”. Dotado con 2.000 euros e mais coa publicación na colección Costa Oeste, do xurado fixeron parte as dramaturgas Raquel Castro e Carlos Labraña, a actriz Mónica Camaño e o profesor Delio García Represas.

O galardón convocárono a Editorial Galaxia, o Concello do Porriño e o equipo de dinamización lingüística do IES Ribeira do Louro. O sábado 29 de xuño, no mencionado instituto, Abad de Larriva recibirá o premio.

Comentarios