Pesar polo falecemento da filóloga Araceli Herrero Figueroa

Araceli Herrero (AELG)
photo_camera Araceli Herrero (AELG)

Pesar e tristeza polo falecemento de Araceli Herrero Figueroa, nada en Lugo en 1948, catedrática e filóloga comprometida co galego. Dela dicíase que foi a primiera profesora en dar aulas en galego após o franquismo. 

Licenciada e doutora en Filosofía e Letras e licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa, impartiu docencia no antigo Colexio Universitario de Lugo, foi catedrática na Escola de Formación do Profesorado no Campus de Lugo da USC e titular de universidade na Facultade de Formación de Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela. Foi directora do Departamento de Didáctica da Lingua e da Literatura da mesma universidade.

Especialista na obra de Carvalho Calero, de quen foi discípula, de Luis Pimentel e Pardo Bazán. Autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, ensaios e estudos varios en diversas publicacións e revistas (Grial, O Ensino, Agália, A Trabe de Ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamlet, ANILIJ etc.).

Diferenets entidades e organizacións, como a Real Academia da Lingua (RAG) ou AGAL expresaron o seu pesar pola perda. 

Comentarios