Inundacións e riadas sucédense desde hai varios días no País Valencià, en Murcia, no leste de Castela A Mancha ou nas provincias orientais de Andalucía. As dúas primeiras persoas mortas foron en Caudete (Albacete, Castela A Mancha), arrastradas no seu coche pola forza da auga. A sexta feira atopouse un home afogado nun paso subterráneo en Almería e outro tamén en Orihuela. En Baza (Granada, Andalucía) morreu un home de 36 anos.
O presidente en funcións do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, desprazouse este sábado 14 de setembro á zona e asegurou que o Executivo “non deixará soa” a veciñanza afectada.