Imprimir

O persoal de ambulancias volve mobilizarse por un convenio digno

Redacción | 28 de novembro de 2018

Os traballadores ao seu paso polo Parlamento de Galiza
Os traballadores ao seu paso polo Parlamento de Galiza

Persoal das ambulancias de toda Galiza manifestouse esta cuarta feira 28 de novembro en Compostela a favor da renovación do convenio colectivo paralizado dende hai tres anos. A CIG denuncia que esta situación vén do inmobilismo da patronal.

 

A mobilización deu comezo na estación de tren da cidade, con parada no Parlamento de Galiza. Caras coñecidas da política como os deputados Xosé L. Rivas Mini ou Paula Quinteiro daban o seu apoio aos operarios.

 

“Levamos tres anos sen convenio e a patronal non quere sentar a asinar un convenio, co cal a precariedade do sector cada vez vai a máis. Iso afecta tanto a traballadores como a usuarios. As ambulancias non cumpren as condicións que hai que cumprir e os obreiros están pasados de horas. Todo isto lévanos á rúa”, afirma a Sermos Galiza Benigno Fajardo, delegado da CIG.

 

Os traballadores e traballadoras deste sector acumulan meses de mobilizacións demandando un convenio que lles permita recuperar dereitos e salarios.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/social/persoal-ambulancias-volve-mobilizarse-convenio-digno/20181128122303074103.html


© 2020 Nós Diario