Segundo número da 'Viñeta de Schrödinger'

O periódico da banda deseñada galega

“A lenda da BD galega di que rara é a revista que supera o número 1”, afirma o editorial do segundo número da Viñeta de Schrödinger, “a maior parte das veces as publicacións de banda deseñada rematan pechando”. E, porén, aquí está o segundo número da única publiación periódica dedicada ao cómic galego.
 

lesson to the heroes - viñeta de schrondinger
photo_camera Cadriño da banda deseñada de Fernando Llor e Zaida Novoa, incluída no número 2 da 'Viñeta de Schrödinger. Imaxe: cedida.

Coeditada pola Mesa da Normalización Lingüistica e a AS-PG, a publicación naceu o pasado mes de maio. O primeiro número saíu en agosto. Á súa fronte atópase o debuxante Kiko Da Silva. “Como ves, a incerteza de que esta revista estea viva ou morta depende tamén dunhas moedas, porque o certo é que temos que empezar a pensar que a cultura, para existir, tamén precisa cartos”, remata a presentación deste segundo número.

Nas páxinas da Viñeta... colaboran algunhas das autoras de máis relevo do panorama da banda deseñada do país, entre eles Miguelanxo Prado, o propio Da Silva, Zaida Novoa, Miriam Iglesias ou Fran Bueno. A Miguel Robledo corresponde a cuberta da revista.

Comentarios