As pensións galegas quedan 150 euros por debaixo da media

O número de pensionistas sitúase en Galiza nos 766.309 e a pensión media crece até os 844,03 euros, aínda lonxe dos 994,02 euros do Estado español.

Xubilados
photo_camera Un grupo de xubilados conversa nun parque [Imaxe: EP/arquivo]

Galiza segue á cola en materia de pensións, só por diante de Estremadura, onde o gasto medio sitúase nos 828,02 euros. En outubro, a pensión media galega creceu até os 844,03 euros, lonxe dos 994,02 euros da media do estado español, e tamén aumentou o número de pensionistas, 0,4% até os 766.309, segundo os datos publicados esta sexta feira polo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS).

Gráfico evolución pensiónsO gasto en pensións situouse en setembro en 645,82 millóns de euros, dos que 458,88 corresponderon a pensións de xubilación, fronte os 112,4 millóns das de viuvez, os 87,97 millóns das de incapacidade permanente, os 9,49 millóns das de orfandade ou os 0,34 millóns das de favor familiar.

As pensións de orfandade son as máis baixas de Galiza, con 399,91 euros de media que perciben 23.520 menores de 25 anos. Séguenlle as de viuvez, con 602,44 euros de media e 186.824 beneficiarias, e as de incapacidade permanente que chegan a 69.838 persoas que reciben unha media de 882,56 euros. As persoas xubiladas, o máis numeroso co 479.537 beneficiarias, contan cunha pensión media de 958,82 euros.

Comentarios