Pensionistas e xubilados manteñen a mobilización na defensa do sistema público

A suba parcial das pensións nin soluciona nin garante o sistema público, denuncian desde a CIG.

Protesta de pensionistas [Imaxe: Cedida]

Pensionistas e persoas xubiladas mobilizáronse en cidades e vilas galega, convocadas pola CIG, para exixir a derrogación das reformas, que as mínimas se igualen o SMI e revalorización co IPC. Xunto a isto denunciaron que a suba aprobada nos orzamentos do pasado mes de xuño “non soluciona nada” e exixiron, entre outras cuestións, que as pensións mínimas sexan iguais a 60% do salario medio, ademais de fixar por lei a súa revalorización co IPC.

De por parte, o sindicato nacionalista a través do seu representante institucional no INSS, vén de demandarlle ao secretario de Estado da Seguridade Social, Octavio Granado, a derrogación da reforma das pensións para non perder definitivamente o dereito á xubilación parcial aos 61 anos. A reforma de 2011 aprobada polo Goberno de Zapatero co apoio de UGT, CCOO e a patronal, supuxo a eliminación do dereito á xubilación parcial aos 61 anos, fixando un período transitorio que remata o próximo 31 de decembro

Comentarios