Pedro Feijoo gaña por segunda vez o Premio San Clemente

Por segunda vez consecutiva, o escritor Pedro Feijoo é o gañador do Premio San Clemente de literatura. Se Os fillos do mar fora xa a obra mellor valorada polo alumnado que compón o xurado, desta volta Memoria da choiva (Xerais)  é o título que se impuxo na XXI edición do premio. 

Pedro Feijoo
photo_camera Pedro Feijoo

Memoria da choiva de Pedro Feijoo é a obra gañadora na modalidade de literatura en lingua galega dos Premios San Clemente que chegan a súa XX edición. Por vez primeira na historia do premio repítese gañador e, ademais, neste caso dáse a circunstancia de que o autor resulta gañador coas dúas primeiras novelas do escritor. De novo Pedro Feijoo é o escritor escollido polo xurado de alumnos e alumnas de ensino medio que cada ano escollen a mellor novela do ano en lingua galega,  española e estranxeira. Esta edición era a primeira na que os autores finalistas podían ser xa gañadores de anteriores edicións. 

Desta volta o xurado formado por alumnado de catro institutos galegos, un por provincia, sumáronse alumnas e alumnos doutros centros de Europa, un inglés, un portugués, un alemán e outro francés. Canda a obra de Pedro Feijoo resultou gañadora El impostor de Javier Cercas (Ed. Random House) en lingua española e O testamento de María de Colm Toibin en lingua estranxeira. 

Comentarios