Peche en varios concellos galegos na defensa dun reparto xusto para o cerco

O fechamento en Coruña. Porto do Son e Bueu prolongarase, como mínimo, até a quinta feira. Non se descarta mobilizacións en máis concellos.

cercoooooo

Armadores e mariñeiros da frota do cerco galega comezaron a media tarde desta terza feira un peche nos concellos de Bueu. Porto do Son e da Coruña como medida para exixir un reparto xusto das cotas e apiar o campemento que desde hai máis de 80 días mantén viva esta reclamación aos pés de San Caetano, a sede administrativa da Xunta. Fontes do sector non descartan que este protesto de fechamentos se estenda a máis concellos nas vindeiras horas.

Tanto o alcalde de Bueu (BNG) como o da Coruña (Marea Atlántica) mantiveron un encontro coas persoas que protagonizaban o feche en ambos os dous concellos. A demanda, a mesma que manteñen desde hai meses: un reparto liñal por tritpulante e a anulación do Plan de Xestión do Cantábrico-Noroeste.

Na mañá desta terza feira houbo unha xuntanza entre Acerga, Cerqueiros Galegos e a Consellería do Mar. No encontro púxose sobre a mesa fixar un chan de 10.000 quilos de captura para os barcos máis pequenos e a partir de aí, e en virtude dos Gts das embarcacións, ir aumentando. 

Comentarios