Paula Dapena, a futbolista pontevedresa que deu as costas a Maradona

“Polas vítimas non se gardou nin un minuto de silencio. Así que, obviamente, non estou disposta a gardar un minuto de silencio por un  abusador e non polas vítimas".
paula-dapena-maradona twitter
photo_camera Paula Dapena, sentada no minuto de silencio (Twitter)

A futbolista Paula Dapena, de 24 anos e xogadora do Viaxes InterRias  FF de Pontevedra negouse a participar no minuto de silencio por Maradona antes do partido amigábel que o seu equipo disputou contra o Deportivo Abanca estabfin de semana. Un xesto de protesta e denuncia que axiña tivo repercusión alén da Galiza e do Estado.

Mentres as súas compañeiras do InterRías estaban de pé en memria do futbolista arxentino, ela sentou e deu as costas en sinal de protesta. As razóns diso contounas en declaracións a­­­­­ Pontevedra Viva: “Dixen que me negaría a gardar ese minuto de silencio por un violador, pedófilo, putero e  abusador e que tiña que sentar no chan e dar as costas, e fíxeno”. 

Dapena tamén explicou que non quixo participar nese minuto de silencio porque tres días antes fora o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller e que non se fixo ningún xesto similar nos campos de fútbol. 

“Polas vítimas non se gardou nin un minuto de silencio. Así que, obviamente, non estou disposta a gardar un minuto de silencio por un  abusador e non polas vítimas”, agregou no medio pontevedrés 

Dapena afirma que as súas compañeiras riron cando souberon que ía producirse o minuto de silencio porque coñecían a súa postura respecto diso e sabían que non ía participar do mesmo. 

Recoñece que futbolisticamente Maradona fixo historia e foi un xogador "cunhas calidades e habilidades futbolísticas espectaculares", mais considera que "para ser xogador, hai que ser primeiro persoa e ter uns valores máis aló das habilidades".

Comentarios