A patronal galega felicita o PP e pon deberes a Núñez Feixoo

Desde a Confederación de Empresarias e Empresarios da Galiza (CEG) cren que "contribúe a unha estabilidade".
Núñez Feixoo co presidente da patronal, Antonio Fontenla, nunha imaxe de arquivo (Xunta da Galiza)
photo_camera Núñez Feixoo co presidente da patronal, Antonio Fontenla, nunha imaxe de arquivo (Xunta da Galiza)

A Confederación de Empresarias e Empresarios da Galiza (CEG) parabenizou onte o PP polo resultado electoral, afirmando que "contribúe a unha estabilidade imprescindíbel" para "afrontar a recuperación económica, máis urxente e necesaria que nunca". Ademais pediu que o novo Goberno traballe "con présa e resolución no labor de reconstrución económica da Galiza".

Consideran que ten que pór en marcha canto antes o Plan de reactivación e dinamización económica. Entre os deberes da patronal galega está abordar a reindustrialización da Galiza e fortalecer as políticas activas de emprego e os plans de formación das empresas.

Comentarios