Opinión

Paso a paso

[Xesús M. Piñeiro]

O Pazo de Meirás deixou este 10 de decembro de estar en mans da familia de Franco despois de 82 anos. Sen dúbida, unha data e un día para celebrar e para festexar. Tamén para facer memoria e para falar do roteiro que fica por diante até que o que onte foi a propiedade dun ditador e hoxe un patrimonio do Estado español pase mañá a ser un ben do pobo galego.

A batalla de Meirás, longa, plural e colectiva, non finalizou esta quinta feira. Fica agora por diante un percorrido e un novo traxecto con dous obxectivos que van da man: a transferencia á Galiza do Pazo de Meirás e pór o inmóbel ao servizo dun uso acorde coa súa historia, tal e como foi  símbolo dun espolio e unha represión a mans dunha ditadura fascista.

Non poucos axentes sociais, políticos, culturais e veciñais pularon durante todos estes anos por chegar ao punto que se chegou onte. De certo, non poucos deles seguirán a pular até que Meirás volva a mans de a quen llo roubaron: o pobo galego.

Comentarios