Que pasará co fútbol? O Celta, salvaríase; Dépor e Lugo poderían descender a Segunda B.

Ante situacións como a que se está a vivir arredor da pandemia do coronavirus, o fútbol pasa a un segundo plano. Pero chegado o momento, as entidades responsábeis como a Liga de Fútbol Profesional e a Real Federación Española de Fútbol, de acordo cos clubes, terán que tomar unha decisión sobre que pasa coas competicións que xa estaban en marcha.

mathias-jensen-alaves-celta-vigo-mendizorroza-vitoria-liga-2018-2019

Ante situacións como a que se está a vivir arredor da pandemia do coronavirus, o fútbol pasa a un segundo plano. Pero chegado o momento, as entidades responsábeis como a Liga de Fútbol Profesional e a Real Federación Española de Fútbol, de acordo cos clubes, terán que tomar unha decisión sobre que pasa coas competicións que xa estaban en marcha.

Con 27 de 38 xornadas disputadas na Primeira División, e 31 de 42 na Segunda, na actualidade contémplanse dous escenarios:

-O máis optimista: a normalidade volve á sociedade o antes posíbel e retómase a competición onde quedara

-O máis negativo: a crise do coronavirus esténdese no tempo e faise inviábel retomar a Liga en tempo e forma. Neste caso, as autoridades deportivas terían que escoller entre dúas posibilidades que xa están enriba da mesa, anular a tempada e facer como se nunca tivese lugar ou dala por concluída coa clasificación actual, sen xogar os partidos restantes.

Esta última posibilidade favorecería o Celta, que ocupa a posición número 17 na táboa, unha por enriba dos postos de descenso. Porén, faría de Deportivo da Coruña e Club Deportivo Lugo equipos da Segunda División B.

Para o técnico branquiazul, Fernando Vázquez, "o máis lóxico é que se dea por perdido o ano e que a tempada comezase de novo", e considera o resto das opcións "inviábeis".

Comentarios