O paro rexistrado aumenta na Galiza en 154 persoas ao día

Hai 4.733 persoas máis no desemprego nun mes.

 

Oficina de emprego, paro, traballo. Foto de Arxina
photo_camera Oficina de emprego (Foto: Arxina)

O número de persoas no paro rexistradas nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 4.733 persoas en outubro Galiza en relación co mes anterior, segundo os datos que publica o Ministerio de Traballo e Economía Social.

Isto supón un incremento de 154 persoas ao día de media. O paro rexistrado é de 181.307 persoas, 10% máis que hai un ano: 17.000 parados e paradas máis rexistradas.

Por territorios, o da Galiza é o sétimo maior aumento en termos absolutos, por detrás dos rexistrados por Andalucía, Canarias, Cataluña, Castela-A Mancha, Madrid e Castela e León.

No conxunto estatal, o desemprego incrementou en 49.558 desempregados en outubro (+1,3%), a súa menor suba neste mes desde o ano 2016, cando se incrementou en 44.685 persoas.

A Seguridade Social gaña 219 afiliados en outubro na Galiza, un 0,02%, menos que a media, até 1.012.018 persoas. Os traballadores e traballaboras incluídos nun ERTE de media durante este mes sitúanse en 19.792 

Comentarios