O Parlament desobedece o TC e aproba a moción sobre autodeterminación

JxCat, ERC e CUP votan a prol da moción presentada por estes últimos embora a suspensión do Tribunal Constitucional.

parlament catalunya

O Parlament de Catalunya volveu aprobar o dereito de exercer a autodeterminación e fíxoo xusto despois de que o Tribunal Constitucional (TC) suspendese o texto promovido pola CUOP no que defendía “exercer de forma concreta o dereito de autodeterminación”.

Embora as reiteradas advertencias do tribunal e que o president do Parlament, Roger Torrent, está no albo do órgano xudicial, JxCat, ERC e CUP votaron a prol da moción recorrida polo goberno español.

Comentarios