(Pan)carta dirixida á conselleira de Traballo contra a ''sobreexplotación laboral'' nos centros de benestar

Xornadas laborais "abusivas e estresantes", incumprimentos en prevención de riscos, insuficiencia de persoal e "minoración" na atención directa aos e ás usuarias. Son as denuncias que o Comité de empresa dos centros dependentes de Benestar transladaron a Beatriz Mato nunha 'misiva' de 7 metros de longo por 1,5 de ancho. 

pan_carta
photo_camera Imaxe da carta que @s traballador@s de Benestar da Coruña dirixiron á consellaría.
Comentarios