Imprimir

Palabras con memoria: Palabras biodiversas

Ramiro Torres (AELG) | 20 de novembro de 2020

Posto de venda no mercado de Lugo (Carlos Castro/ Europa Press)
Posto de venda no mercado de Lugo (Carlos Castro/ Europa Press)

cortil.- Planta (Phormium tenax) cujas folhas são usadas como baraça, ráfia.

Exemplo.- "Atei o saco cum cortil."

Lugar de escoita.- Vicinte (Outeiro de Rei).

Fonte.- Ramiro Barros Justo.

folecho.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Pera de pequeno tamaño, e sempre maduro.

Lugar de escoita.- Ferrolterra.

Fonte.- Henrique Dacosta.

fréxeles.- Planta herbácea da familia das leguminosas da que se aproveita a casula coas sementes aínda verdes. Xudías.

Exemplo.- “Hoxe imos facer caldo de fréxeles.”

Lugar de escoita.- Vilademouros (O Incio).

Fonte.- María Blanca (avoa de Paula Orozco Díaz).

Outros apuntamentos.- Enviada por Juncal Martínez, do IES Leiras Pulpeiro de Lugo.

garabullo.- (Ademais doutros significados xa rexistrados) Garavanzo.

Exemplo.- “Nunca me acordades os gharabullos e non os poño na mesa.”

Lugar de escoita.- Bande.

Fonte.- Pedro Salgueiro Sexto.

Outros apuntamentos.- O informante indica que escoitou a palabra con gheada.

navia (1).- Variedade de uva tinta.

Lugar de escoita.- Taboada (Lugo).

Fonte.- Mariña Díaz-Castroverde Liñares.

Outros apuntamentos.- Sinala a fonte que se trata dunha tinta que ten un certo parecido coa Mencía, sendo unha variedade autóctona da Ribeira Sacra.

santiaguesa (2).- Caste de peras redondas e amarelas.

Lugar de escoita.- Miño (A Coruña).

Fonte.- José María Rodríguez Allegue. (X. Ortigueira).

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/lingua/palbras-memoria-palabras-biodiversas/20201120074202109458.html


© 2020 Nós Diario